Santiago Futsal e Don Ulpiano Albense enfróntanse nun amigable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Aproveitando o parón pola disputa do Europeo de Bélxica que comezou onte en Anveres e no que hoxe debuta a selección española fronte a Croacia, o Santiago Futsal continúa cos adestramentos para chegar en plena forma ao último tramo da tempada. Para iso mañá disputará un amigable ante Don Ulpiano Albense, equipo da 2ª División B e que actualmente ocupa a quinta praza.

O partido será no Pavillón Municipal de Alba de Tormes a partir das 21h e será unha partida homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario do 24 de Xullo de Santiago, no que viaxaban pasaxeiros procedentes da cidade salmantina. Tamén será un partido especial para Chus, actual xogador do Santiago Futsal, que visita ao equipo co que creceu como fútbol sala e no que militou até a pasada campaña, cando fichou polo club santiagués, froito do cal xurdiu este amigable.

29 de xaneiro de 2014 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.