Salvamento Marítimo trata de dar remolque a un mercante sen motor avariado fronte á costa de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
E.P.

Salvamento Marítimo trata de auxiliar a un mercante que se atopa desde o luns sen goberno a unhas 10 millas ao Norte de Cabo Prior, fronte ás costas de Ferrol, debido a un problema da hélice.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, o mercante ‘Abis Calais’, con oito tripulantes a bordo e que transporta pellet de madeira, saíra do porto luso de Leixoes con destino ao de Hull, en Reino Unido.

As mesmas fontes indicaron que o luns o mercante alertou de que tiña un problema coa máquina, constatándose posteriormente unha avaría na hélice, que tentaron reparar pero non se puido.

Por iso, a armadora do mercante contratou un remolque privado, a cargo da ‘Ría de Vigo’, que chegou sobre a medianoite á zona e tentou darlle remolque, pero non puido polas malas condicións meteorolóxicas, xa que hai 55 nós de vento na zona.

Salvamento desprazou á zona a embarcación ‘Sar Gavia’ para auxiliar ao mercante, que permanece sen motor a un dez millas ao noroeste de Cabo Prior, fronte á costa ferrolá.

Así, Salvamento Marítimo espera que poidan darlle remolque en canto melloren as condicións meteorolóxicas na zona.

28 de xaneiro de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.