Rueda expresa a “repulsa” polo crime de Cervo e traslada a súa solidariedade á familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
E.P.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, expresou este mércores a “repulsa” do Executivo galego polo crime de Cervo (Lugo) e trasladou a súa “solidariedade” aos familiares das dúas mulleres asasinadas, nai e filla. O marido da filla confesou ser o autor das mortes.

Nesta conxuntura, nun acto na capital galega, o vicepresidente manifestou a “repulsa máis enérxica” do Goberno autonómico na mesma liña na que –subliñou– “sempre se pronuncia cando se producen neste tipo de casos.

O home detido polo dobre crime de Cervo (Lugo), José Antonio C.F., confesou na pasada xornada ante a Garda Civil haber matado á súa muller e á nai desta na parroquia de Riocobo, segundo informaron fontes da investigación.

Ademais, na súa primeira declaración asegurou que agrediu á súa sogra cun pau e á súa muller cun pau e cun coitelo, co que dixo habela apuñalado no pescozo. O home pasará nas próximas horas a disposición xudicial.

A Garda Civil alertou do achado de dous cadáveres con signos de violencia sobre as 13.15 horas deste martes. Nai e filla atopábanse nos seus domicilios, en vivendas contiguas na parroquia de Riocobo de San Cibrao que conforman a mesma unidade residencial.

15 de xaneiro de 2014 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.