Rouban tres metros da baranda de aceiro inoxidable e destrozan a base no paseo marítimo de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNeda
A-
A+
Baranda danada

Baranda danada

O mobiliario urbano de Neda foi obxecto dun novo acto vandálico. Nesta ocasión, os feitos tiveron lugar no paseo marítimo da real vila, na zona que vai entre o Albergue Municipal e o paseo de madeira. Alí, os amigos do alleo forzaron e reventaron a base da baranda de aceiro inoxidable coa intención, presumiblemente, de facerse co material. Un obxectivo que conseguiron a medias, xa que foron quen de sustraer uns tres metros da barandilla. Unha vez máis, o Concello vese na obriga de condear estes feitos, xa que perxudican a toda a veciñanza. Así mesmo, anuncia que na xornada de mañá procederá á reposición do material e soldará a estructura.

2 de xaneiro de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.