“Risotto di mare” do restaurante O Coral gaña o V Concurso da tapa de Muxía
Abertas hoxe as urnas do V Concurso da tapa de Muxía, en presencia de dous representantes da hostalería de Muxía ( a apertura era aberta a quen quixera acudir) , O Alcalde Félix Porto e a Concelleira Irma García e dous funcionarias do Concello, resultou gañador o Restaurante O Coral coa tapa “Risotto di mare”.
Para o segundo lugar houbo un empate entre os establecementos A de Loló, coa tapa “A faldriqueira” e A Sirena coa tapa ” Hamburguesa atrevida”, E para o terceiro posto houbo tamén un empate entre os establecementos O Xardía coa tapa ” A perla negra” e o Rincón da Baiñuca, coa tapa “Tosta mariñeira”.
O agraciado co sorteo dunha cea para dúas persoas no establecemento gañados- O Coral- foi Manuel Calvo Romero.