Ribadumia e o Centro de Transfusión de Sangue impulsan a participación veciñal na doazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e das veciñas nas campañas de doazón de sangue e, deste xeito, garantir o correcto desenvolvemento da labor asistencial nos centros sanitarios galegos.

O Nadal deixou necesidade de subministracións do Centro de Transfusión de Galicia a causa do aumento dos desprazamentos por estrada e a deslocalización dos doantes habituais

As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG en Ribadumia o luns, 27 de xaneiro, entre as 10:00 e as 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Estará situada xunto á Casa do Concello.

Mediante esta iniciativa, preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta para que a participación solidaria dos veciños de Ribadumia chegue aos hospitais galegos co obxectivo de compartir a saúde e salvar vidas. O Concello de Ribadumia e o Centro de Transfusión de Galicia amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde.

22 de xaneiro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.