Ribadumia acollerá unha charla sobre seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, a través do convenio coa Dirección Provincial de Tráfico están a organizar unha xornada de seguridade varia. O obxectivo desta charla é concienciar a poboación en xeral sobre a responsabilidade para evitar os accidentes de tráfico, sobre a necesidade de ter un comportamento adecuado nas rúas como peóns, como condutores e o coñecemento e respecto polas  regras de circulación.

A través deste curso de formación promóvese o respecto polas normas e polas sinais, pero tamén se ofrecen comportamentos para camiñar, ir en autobús, bicicleta, circular en coche ou motocicleta, requisitos e colocación das cadeiras infantís, circulación con remolques ou maquinaria agrícola. Isto evitaría sancións e salvaría moitas vidas. Ademais estas sesións informativas permiten poñernos o día ante a continua actualización das normas de tráfico.

A charla desenvolverase o Martes 28 de xaneiro nas instalacións da Casa da Cultura de Ribadumia, de 19.00 a 20.00 horas. Todas as persoas interesadas que queiran participar poden inscribirse no Concello de Ribadumia xa que, inda que a entrada e libre, e preciso unha previsión dos asistentes para que ninguén quede sen o chaleco reflíctante que se entregará os presentes o finalizar o acto.

18 de xaneiro de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.