publicidade hoxe

Rianxo entra a formar parte da Uned Senior da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

O Concello de Rianxo forma parte UNED SENIOR da Coruña, un proxecto educativo universitario pensado para persoas maiores de 55 anos co fin de enriquecer os seus coñecementos. Para participar non fai falla ter ningún estudo anterior.

Neste segundo cuadrimestre, que vai dende febreiro a maio, a  as materias que se van impartir son as seguintes:

– Informática Básica I (profesor Carlos Ces)
– Cultura Musical de Galiza (profesor José Luís do Pico Orjais)
– Patrimonio Arquelóxico de Galicia e da Barbanza (profesor Victor Barbeito Pose)
– Economía Doméstica (profesora Iria Calvo Rey)
– Saúde e Nutrición. Coidados preventivos (profesora Maica Grandío Ferreiro)

Cada materia terá un custe de 50 € e as clases serán dúas horas á semana (de febreiro a maio) en Rianxo (Auditorio – Aula Activa do Mar).

Se vostede precisa máis información ou está interesado en apuntarse nalgunha materia pode pre-inscribirse ata o  10 de xaneiro nos seguintes lugares:

Auditorio de Rianxo: de martes a venres de 11.00 a 13.30 horas.

Rúa Autores da Rianxeira s/núm. Rianxo. T.E. 981 100 688

Servizos Sociais: luns a venres de 10 a 14 horas.

Estrada de Tanxil, núm. 12. Rianxo. T.E. 981 860 061

Correo electrónico: unedsenior@concelloderianxo.es

En liña: www.rianxo.com/unedsenior

4 de xaneiro de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.