Resultados dos equipos do Burela nos partidos do fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O filial perdeu 1-0 ante o Burela nun partido igualado que comezou con ocasións para ambos os equipos, que non foron capaces de materializar. Co paso dos minutos, os de Adri Martiño foron sendo superiores e xerando máis ocasións, pero perdoando demasiado.

Tras o tempo de descanso, os santiagueses fixéronse co dominio do partido con multitude de ocasións para levar o encontro e pechando moi ben o ataque dos de Burela, que apenas chegaron á portaría do filial. Con todo, nunha xogada illada, o Burela fixo o gol que lles deu a vitoria tras un pase cruzado que Santi marcou en propia porta. Tras iso, continuou o dominio santiagués, que se atopou cun gran porteiro en fronte e mesmo estrelando dous balóns ao poste.

Pola súa banda, o Xuvenil Nacional venceu 4-1 ao Vilalba FS e tras o resultado entre Azkar e Burela, sitúase colíder co Azkar Lugo a falta de dúas xornadas para terminar a liga, aínda que en segundo lugar polo gol average particular.

O equipo feminino A Gaiola B perdeu 1-4 ante o Dog House nun partido marcado por un gol temperán que lles fixo ir a remolque todo o encontro, sumado a accións desafortunadas en defensa, que fixeron que o resultado final fose desfavorable.

1ª División (20ª Xornada)

Ríos Renovables 3-1 Santiago Futsal

3ª División (14ª Xornada)

Burela FS B 1-0 Santiago Futsal B

Liga Xuvenil Nacional (12ª Xornada)

Santiago Futsal Juv Nacional 4-1 Vilalba FS

Liga Cadete Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 3-1 CD Aríns

Liga Infantil Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B 1-1 La Salle B

Liga Alevín

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 7-3 San Jorge

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín B 3-3 R San Lorenzo B

20 de xaneiro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.