Resultados do partidos fin de semana do Santiago Futsal e os seus filiais
O filial logrou unha importante vitoria ante Troula FS por 5-3 e colócase 3º na clasificación. O partido comezou igualado e con ocasións en ambas as portarías, sendo os de Betanzos quen se puxeron por diante ao sete minutos tras un desaxuste defensivo. Álex logrou empatar tras un roubo en primeira liña e antes do descanso, Troula logrou vovler a adiantarse tras marcar desde o dez metros.
Na segunda parte, o filial marcou rápido o empate tras un gol de estratexia de Álex, pero o 2-3 chegou segundos despois tras unha perda na área. A partir de aí, os santiagueses foron superiores con dominio do balón e Xullo empatou de novo de falta directa. Minutos despois chegou a expulsión de Simón por dobre amarela, aguantando ben a inferioridade. O 4-3 chegou tras un roubo de Gabi e coa expulsión dun rival, Dani fixo o definitivo 5-3.
Pola súa banda, o equipo Xuvenil Nacional venceu 1-2 ao Azkar a domicilio e empata a puntos cos lucenses, que continúan primeiros por gol-average.
O equipo feminino A descansou esta xornada, mentres que o B perdeu 0-4 ante o Meigas, nun partido condicionado polas baixas, especialmente na portaría. Aínda que dispuxeron de máis ocasións e xogaron todo o partido con intensidade, a falta de acerto de face ao gol fixeron que cada chegada das rivais supuxese un gol en contra.
1ª División (15ª Xornada)
Santiago Futsal 3-7 FC Barcelona Alusport
3ª División (12ª Xornada)
Santiago Futsal B 5-3 Troula FS
Liga Xuvenil Nacional (11ª Xornada)
Azkar Lugo 1-2 Santiago Futsal Juv Nacional
Liga Xuvenil Autonómica (12ª Xornada)
Pena Españolista Sarria 3-3 Santiago Futsal Juv Aut
Liga Cadete Autonómica (12ª Xornada)
Pena Españolista Sarria 4-5 Santiago Futsal Cadete Aut
Liga Infantil Autonómica (11ª Xornada)
Pena Españolista Sarria 5-4 Santiago Futsal Infantil Aut
Liga Cadete Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 1-1 Cía María
Liga Infantil Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B 1-5 Santiago Cf
Liga Alevín
Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 2-5 San Fco Javier
Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín B 0-0 Calo Sr
Liga Benjamín
Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín A vs La Salle A
APRAZADO
Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín B 0-12 SD Milladoiro
Liga Prebenjamín
Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenj 2º 8-0 La Salle B
Liga Feminina A Gaiola
Santiago Futsal A Gaiola B 0-4 Meigas FSF











