Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e vindeira xornada
Unha vitoria, unha xornada, sepáralle ao Azkar Lugo xuvenil un ano máis de proclamarse campión da liga nacional no seu grupo galego. Os de Ángel Pérez chegan á última xornada de liga como primeiros e empatados a puntos co Santiago, pero a golaveraxe particular dálles aos lucenses ese liderato. Os lucenses non fallaron o pasado domingo ante o Villalba (2-8) e chegan á última xornada, a deste próximo domingo, dependendo de si mesmos para levantar o título de campións.
O xuvenil conseguiu unha merecida e cómoda vitoria. Os azuis atopáronse cun atrevido rival, que saía presionando e poñendo en apertos ao Azkar. Tralo 0-1 inicial, o partido igualouse, pero nos últimos metros o Azkar amosou ser mellor, o que lle permitiu mandar cun claro 0-4 superado o ecuador do primeiro periodo. Pese á diferenza, aínda habería máis goles e ao descanso chegaríase con 2-5 no marcador e o partido sen sentenciar. No inicio do segundo periodo o Azkar Lugo non permitiu en ningún momento ao seu rival meterse no choque e co paso dos minutos o Vilalba FS acabou por renderse ante un Azkar moi serio que sabía que non podía sufrir un tropezo para agora na última xornada de liga poder levantar o título de campión.
Ficha técnica: Vilalba FS 2: Javier, Felipe, Ángel, Manuel e Ismael, -cinco inicial-, Carlos, Iván, Álvaro, Pedro, Jose Manuel, Santiago e Rubén.
Azkar Lugo 8: Nacho, Rubén Mouriz, Porto, Asier e Álvaro, -cinco inicial-, Adrián, Areñas, Álex, Brais, Rubén e Simao.
Árbitros: Franco Veiga e Fernández Becerra (Lugo). Incidencias: 13ª xornada da liga nacional xuvenil. Pavillón Municipal de Villalba.
Goles: 0-1 min. 3 Rubén Mouriz (penalti), 0-2 min. 6 Rubén Mouriz, 0-3 min. 11 Adrián, 0-4 min. 12 Porto, 1-4 min. 18 Ismael (penalti), 1-5 min. 18 Porto, 2-5 min. 19 Anxo, 2-6 min. 24 Rubén Mouriz, 2-7 min. 35 Asier e 2-8 min. 39 Simao.
O Azkar Lugo xuvenil xoga este domingo a partir das 12:00 horas ante o O Esteo no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo. Unha vitoria dos lucenses permítelles ser campións de liga.
O cadete decidiu ao final ante o Burela
O Azkar Lugo cadete continúa segundo na liga autonómica, a un punto do primeiro, Verín, pero con dous partidos menos disputados que os ourensáns. Os lucenses venceron ao Burela o pasado sábado (3-1) nun partido moi igualado e que se resolveu a favor dos capitalinos nos minutos finais. A actuación do meta burelés impediu que o Azkar puidese afrontar con maior tranquilidade o partido e tivo que esperar aos minutos finais cando dous goles de Cley dábanlle tres novos puntos aos pronistas.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 3: Carlos, David, Roi, Cley e Daniel Xesús, -cinco inicial-, Pablo, Jesús, Marcio, Adri e Marcos.
Burela 1: Aarón, Aitor, Alex, Mahamadou e Pablo, -cinco inicial-, Christian, Daniel, Alex, Xosé Manuel e Jordan.
Árbitro: Rei Castedo (Lugo). Incidencias: 17ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 14 Jesús, 1-1 min. 28, 2-1 min. 49 Cley e 3-1 min. 50 Cley.
O Azkar Lugo cadete xoga este sábado a partir das 18.45 horas no Pavillón O Chanto de Sarria ante o Peña Españolista Sarria.
O infantil tamén venceu ao Burela
Máis cómoda foi a vitoria do infantil autonómico sobre o Burela (5-2). O Azkar saíu enchufado e dous goles nos primeiros cinco minutos de partido fixeron reaccionar aos mariñanos que pronto reducían as diferencias ao 2-1. Pero o Azkar amosouse serio, contundente, e antes do descanso deixaba o partido encarrilado cun 4-1 ao seu favor. No segundo periodo os pronistas souperon administrar a súa ventaxa e pese a que de penalti o Burela anotaría o 4-2, os de José González nunca viron perigar o resultado. Co 5-2 na recta final, chegaría a tranquilidade absoluta.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 5: Iago, Costoya, Brais, Noel e Bruno, -cinco inicial-, Borja, Luís, Pablo, Mera, Noé e Álex.
Burela 2: José Luís, Rubén, Luka, Diego e Álvaro, -cinco inicial-, Luismi, Javier, Aitor, Varela, Aarón, Óscar e Diego.
Árbitro: Rei Castedo (Lugo). Incidencias: 17ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 3 Noel, 2-0 min. 3 Brais, 2-1 min. 9 Álvaro, 3-1 min. 11 Borja, 4-1 min. 18 Diego, 4-2 min. 34 Brais (dobre penalti) e 5-2 min. 48 Jacobo.O Azkar Lugo infantil xoga este sábado a partir das 17.30 horas no Pavillón O Chanto de Sarria ante o Peña Españolista Sarria.
Resto de resultados
Rosalía 1 – Azkar Fundación prebenxamín 6
Residencia D 1 – Azkar Prone prebenxamín 3
Divina Pastora 7 – Azkar Prone benxamín 2
Azkar Fundación benxamín 3 – Casás 1
Triscos 2 – Azkar Fundación alevín 5
Lumieira Lugo 1 – Azkar Prone alevín 3
Azkar Lugo infantil B 1 – Franciscanos 1
Lumieira 3 – Azkar Lugo cadete B 0
Próximos partidos
Sábado 01/02:
Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Azkar Prone prebenxamín – Rosalía 2006
13:10 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Cervantes 2007
Polideportivo A Piringalla:
11:15 horas: Luís Pimentel – Azkar Prone benxamín
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
11:15 horas: Franciscanos – Azkar Fundación benxamín
12:05 horas: Azkar Prone alevín – Franciscanos
Pavillón O Palomar:
11:30 horas: Azkar Fundación alevín – Lumieira LugoDomingo 02/02:
Centro Deportivo Terra:
18:45 horas: Azkar Lugo infantil B – Cidade de Lugo











