Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e vindeira xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil deu un paso importante o pasado domingo para continuar na loita polo título da liga nacional. Os de Ángel Pérez recuperaron o liderato, que comparte agora co Santiago que é segundo, tras vencer ao Burela Pescados Rubén por 5 goles a 2, nun partido no que os azuis non podían fallar e non o fixeron.

O primeiro tempo foi bo por parte dos capitalinos que se mostraron superiores á escadra mariñana. Pese ao gol inicial dos azuis, a escadra laranxa empataba ao seguinte minuto e aí o partido igualouse durante unha pequena fase. Pero o Azkar recuperou o seu bo xogo e en canto anotou o 2-1, creceuse en defensa para non cometer erros e en ataque cada vez esmagaba máis ata conseguir poñer un claro 4-1 ao descanso. No segundo periodo o Azkar xestionou ben a súa renda e ata puido ampliar a súa vantaxe en claras ocasións e ante un Burela que xa non chegaba con tanto perigo como no primeiro tempo. Pese a que os visitantes anotarían o 4-2, Adrián á media hora de partido daba de novo a tranquilidade aos seus co 5-2 que ao final sería definitivo e nunha recta final do choque bastante cómoda para os capitalinos.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 5: Yago Balsa, Rubén Mouriz, Asier, Álex Diz e Adrián, -cinco inicial-, Porto, Álvaro, Koke e Areñas.
Burela Pescados Rubén 2: Eriq, Helder, Renato, Rubén e Francisco, -cinco inicial-, Sergio, Adrián, Riveiro, Cristian, Adrián e Borja.
Árbitros: Suárez Blanco e Corral Martínez (Lugo).
Incidencias: 12ª xornada da liga nacional xuvenil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 3 Asier, 1-1 min. 4 Rubén, 2-1 min. 8 Álex Diz, 3-1 min. 18 Porto, 4-1 min. 20 Rubén Mouriz, 4-2 min. 28 Francisco e 5-2 min. 30 Adrián.

O Azkar Lugo xuvenil xoga este domingo ás 12:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ante o Vilalba FS na que será a penúltima xornada de liga.

Resto de resultados
Azkar Fundación prebenxamín 1 – Franciscanos 6
Azkar Fundación prebenxamín 8 – Cervantes 0
Azkar Fundación benxamín 4 – Franciscanos 3
Azkar Prone benxamín 2 – Triscos 2
Azkar Fundación alevín 1 – Azkar Prone alevín 0
Gándaras 0 – Azkar Lugo infantil B 14
Lumieira Atlético 2 – Azkar Lugo cadete B 7

Próximos partidos:
Xoves 23:
Polideportivo O Palomar:
21:00 horas: Lumieira – Azkar Lugo cadete B
Sábado 25:
Centro Deportivo Terra:
17:30 horas: Azkar Lugo infantil A – Burela FS
19:00 horas: Azkar Lugo cadete – Burela FS

22 de xaneiro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.