Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo
Pequeno paso atrás para o equipo xuvenil. O Azkar Lugo perdeu o liderato da liga nacional xuvenil e os de Ángel Pérez pasan de mandar en solitario a compartilo con Burela e Santiago Futsal, todos empatados a 27 puntos. Ante estes últimos os pronistas perderon o pasado domingo por 1 gol a 2 nun partido moi igualado e que finalizaría no seu primeiro acto con 0-0 no marcador, cun Azkar mandando máis, pero que vía como as súas mellores ocasións non atoparan o premio do gol.
No segundo periodo chegaron os goles e o primeiro fíxoo pronto, neste caso para o Santiago que se adiantaba co 0-1 aos dous minutos tras aproveitar un erro local, aínda que a acumulación de numerosas faltas dos compostelanos permitiría aos azuis cando aínda restaban 12 minutos para a conclusión empatar desde o punto de dobre penalti (1-1). O partido complicábase superada a media de partido cando Porto era expulsado por dobre amarela nos locais, unha expulsión moi rigorosa. Esa inferioridade lucense aproveitárona os visitantes para anotar o 1-2. Nos instantes finais o Azkar buscou o empate pero tamén soubo aproveitar o golaveraxe particular xa que na primeira volta os lucenses vencesen 1-3 na capital galega.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 1: Yago Balsa, Rubén Mouriz, Asier, Porto e Adrián, -cinco inicial-, Álex, pablo, Koke e Areñas.
Santiago Futsal 2: Alberto, Samuel, Iago, Adrián e Anuar, -cinco inicial-, Daniel, Enrique e Iago.
Árbitros: Fernández Becerra e Castro Bermúdez (Lugo).
Incidencias: 11ª xornada da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 0-1 min. 22 Samuel, 1-1 min. 28 Rubén Mouriz (dobre penalti) e 1-2 min. 33 Samuel.
O Azkar Lugo xuvenil ten outro importante enfrontamento este domingo como será o que lle enfronte ao Burela Pescados Rubén desde as 12:00 horas no Centro Deportivo Terra.
O cadete segue líder tras vencer en Betanzos
O Azkar Lugo cadete continúa liderando a liga autonómica tras sumar tres novos puntos na cancha do Troula Betanzos (2-4). Os de Félix Julio venceron grazas a un bo segundo periodo, xa que tras un primeiro tempo igualado e que finalizaba con mínima vantaxe azul de 0-1, o Troula sería capaz de empatar o choque nos instantes iniciais do segundo tempo, pero aí os pronistas sacaron o seu mellor xogo para poñerse cun claro 1-3. Os coruñeses deronlle emoción ao choque reducindo de novo á mínima vantaxe co 2-3, pero no tramo final David sentenciaba para os lucenses co 2-4.
Ficha técnica:
Troula Betanzos 2: Alfonso, Francisco, Pablo, Miguel e Fran, -cinco inicial-, Fernando, Paulo, Daniel, Diego, Martín, Pedro e Marcos.
Azkar Lugo 4: Esmorís, Cley, David, Daniel Xesús e Pablo, -cinco inicial-, Adri, Marcio, Roi, Jesús, Marcos e Carlos.
Árbitro: Álvaro Nos (A Coruña).
Incidencias: 15ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Municipal de Betanzos
Goles: 0-1 min. 18 Marcos, 1-1 min. 28 Daniel, 1-2 min. 31 David, 1-3 min. 37 Marcio, 2-3 min. 41 Miguel e 2-4 min. 49 David.
O Azkar Lugo cadete descansa este fin de semana.
O infantil tamén venceu en Betanzos
O Azkar Lugo infantil A mantén a terceira praza da liga autonómica tras vencer o pasado fin de semana ao Troula Betanzos (1-4). Os lucenses adiantáronse mediada a primeira metade, plasmándose así a súa maior superioridade sobre a cancha cando se fixo cunha maior posesión de balón. Tralo descanso, o Troula viviu os seus mellores momentos do partido, pero aí o Azkar tamén soubo sufrir e nun minuto con dous goles, os pronistas deixaban case sentenciado o choque (0-3). O Troula non se rendeu, conseguiu o 1-3, e ata atacou con porteiro-xogador en busca da heroica, pero o Azkar defendeu ben e nun roubo sentenciaba anotando o 1-4 definitivo.
Ficha técnica:
Troula Betanzos 1: Jaime, Alejandro, Antón, Brais e Luís, -cinco inicial-, Víctor, Daniel e Antón.
Azkar Lugo 4: Vila, Jacobo, Brais, Noel e Bruno, -cinco inicial-, Borja, Pablo, Luís, Mera, Noé e Pumi.
Árbitro: Álvaro Nos (A Coruña).
Incidencias: 15ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón Municipal de Betanzos
Goles: 0-1 min. 17 Bruno, 0-2 min. 37 Luís, 0-3 min. 38 Brais, 1-3 min. 44 Alejandro e 1-4 min. 45 Jacobo.
O Azkar Lugo infantil descansa este fin de semana.
Resto de resultados
Escuelas Lucenses B 1 – Azkar Fundación prebenxamín 4
APA Sagrado Corazón 0 – Azkar Prone prebenxamín 14
Azkar Fundación benxamín 4 – Luís Pimentel A 1
Divina Pastora 5 – Azkar Prone benxamín 0
Azkar Prone alevín 12 – Fingoi 0
Azkar Fundación alevín 6 – Milagrosa 0
Azkar Lugo infantil B 1 – Lumieira Atlético 2
Próxima xornada:
Sábado 18/01:
Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Franciscanos
12:20 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Cervantes
Polideportivo O Palomar:
10:40 horas: Azkar Fundación benxamín – Franciscanos
12:10 horas: Azkar Prone benxamín – Triscos
16:00 horas: Lumieira Atlético – Azkar Lugo cadete B
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
10:40 horas: Azkar Fundación alevín – Azkar Prone alevín
Domingo 19/01:
Casa do Deporte:
17:00 horas: Gándaras – Azkar Lugo infantil B











