Restablécese a normalidade na ciculación nos accesos á cidade da Coruña tras dúas horas de retencións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
E.P.

A normalidade nos accesos á cidade da Coruña quedou restablecida tras máis de dúas horas de retencións pola colisión entre un camión e un turismo na Avenida da Ponte da Pasaxe  (AC-12) e os posteriores traballos de limpeza na calzada, segundo informou o Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste.

Desde primeira hora da mañá, a colisión entre un camión e un turismo, na que non se rexistraron feridos, foi o causante de  importantes retencións nos accesos de entrada á cidade da Coruña.

Os labores de limpeza, tras a retirada dos vehículos, dificultaron tamén os accesos á cidade ata que, sobre as 10,00 horas, reabríronse ao tráfico todos os carrís.

O choque produciuse  ao redor das 7,55 horas na Avenida da Ponte da Pasaxe (AC-12) á altura do quilómetro 4,400, o que provocou que se procedese a cortar o tráfico en dous carrís de entrada.

Aínda que sobre as 9,00 horas os vehículos implicados xa estaban retirados, as retencións nos accesos á cidade da Coruña mantivéronse até despois das 10.00 horas, con colas de vehículos que chegaban até o municipio de Oleiros.

24 de xaneiro de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.