Remata na rede de centros socioculturais a programación de “Vive o Nadal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Coa finalización este mércores 8 de xaneiro das Mañás de Nadal, desenvolvidas nos centros socioculturais de Santa Marta, Conxo a A Gracia, remataron as actividades programadas nos centros socioculturais no marco de Vive o Nadal. Este programa permitiu a realización de 200 accións distintas en 37 locais, cuns 2.500 servizos socioculturais prestados. A maxia foi unha das novidades na programación de Nadal desta edición, con obradoiros e actuacións de maxia que serviron de alicerce para que os rapaces participen agora na nova programación prevista para este curso sociocultural. Así, están previstos dous obradoiros da Escola de Maxia. Comezan esta mesma semana nos centros socioculturais do Castiñeiriño e das Fontiñas, con moi boa acollida.

Entre as actividades do Nadal tamén salientou a dinámica do agasallo viaxeiro creada polos rapaces e rapazas de 27 centros socioculturais. Permitiu intercambiar entre os distintos centros os traballos elaborados polos propios nenos durante o mes de decembro.

Ademais, os paxes reais visitaron os 27 centros e locais socioculturais, recollendo as cartas dos rapaces antes da chegada dos Reis Magos.

Os centro socioculturais prepáranse xa para a programación do Antroido, outra das datas significativas de encontro e relación agardadas nestes equipamentos dos barrios e das parroquias de Santiago.

9 de xaneiro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.