Reábrese ao tráfico o tramo pechado da PO-552 en Baiona por mor dunha onda que arrastrou un gardarrail

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal Portada
A-
A+
E.P.

O tráfico da estrada PO-552 en Baiona (Pontevedra) foi reaberto tras o corte rexistrado á altura da localidade por mor dunha onda que arrastrou un guardarrail, segundo ratificou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Foron efectivos da Policía Local quen informaron ao 112 ás 19,41 horas do luns, polo que se solicitaron medios de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio.

Ademais foi requirido o desprazamento da Garda Civil de Tráfico á zona para comprobar o alcance dos danos.

7 de xaneiro de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.