Rafael Louzán e a Alcaldesa de Ribadumia reúnense coa Agrupación Músico Cultural
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, e a concelleira responsable da área de cultura, Susana Fandiño acudiron á sede da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia para manter unha reunión e escoitar asía as inquedanzas do colectivo.
Así mesmo, o Presidente da Deputación aproveitou a ocasión para e facer entrega dunha subvención para a adquisición de vestiario propio necesario debido o intenso número de actuacións durante o ano e a incorporación de novos membros a Agrupación. Esta axuda enmárcanse dentro do obxectivo de apoio a cultura, fomentado pola Deputación de Pontevedra.
O Concello de Ribadumia convoca unha liña de subvencións propias para o apoio económico a actividade das Asociacións culturais, sociais e deportivas do municipio da que se beneficia, entre outras, a Agrupación Músico Cultural. Este ano a entidade local tamén fixo unha achega para a publicación dos calendarios editados pola Agrupación.
A Agrupación Músico Cultural, constituída fai 15 anos, ten 317 socios e un forte arraigamento na actividade sociocultural do Concello. Actualmente imparte formación musical a 120 membros entre a Banda Xuvenil e a Infantil.
O Concello de Ribadumia mantén unha forte aposta polas iniciativas culturais do concello.
Dentro do orzamento do ente local que se está a elaborar mantense unha partida de 10.000€ para o funcionamento da Escola de Música Municipal. Ademais este ano vaise adquirir un fagot para esta escola, un instrumento musical que polo seu prezo non poderían adquirir moitos dos alumnos que desexan practicalo.











