Rafa Luz, do Obradoiro Cab: “Visítanos un equipo moi forte que xoga moi ben en conxunto”
Este domingo 2 de febreiro e antes do parón copeiro o fin de semana do 6 ao 9 en Málaga, chegará unha xornada máis a Maxia de Sar para recibir ao oitavo clasificado da liga Endesa, o Iberostar Tenerife. Un equipo que volverá disputar a Copa do Rei 25 anos despois e que está a ser un da conxuntos revelación desta tempada 2013-2014. A partir das 12 da mañá, no Multiusos Fontes do Sar, os de Moncho Fernández enfrontaranse ao conxunto tinerfeño que, como bién define a base do Rio Natura Monbus Rafa Luz, é un equipo que “xoga moi ben en conxunto, con beirados de gran calidade. Teremos que preparar moi ben o partido para sacalo adiante.”
O equipo de Alejandro Martínez é o cuarto mellor ataque da liga e atópase cun balance de 9 vitorias e 8 derrotas. O Iberostar chega a Santiago con sede de vitoria, buscando comezar a segunda volta da competición con bo pé.
Rafa Luz destaca en especial ao xogador montenegrino Blagota Sekulic, máximo anotador da liga e terceiro reboteador, que está a pasar polo seu momento máis doce. “O Tenerife é un grupo moi forte, colectivamente son moi bos xogadores. No xogo interior teñen a Sekulic, que é o MVP da liga agora mesmo. Ricardo Úriz tamén está a realizar unha moi boa tempada e está no TOP 3 de asistencias, sen esquecernos de Richotti, que tamén está a un nivel moi alto”, asegura Rafa.
Pola súa banda, para o pivot estadounidense do Rio Natura Monbus, Mike Muscala, o importante de face ao próximo encontro de Liga será deixar á marxe a euforia do último partido e seguir traballando como até agora. “Temos que seguir adestrando forte e traballando duro, xa que o Iberostar Tenerife é un equipo moi atlético e un duro rival”, opina Mike. Para o americano as opcións de conseguir unha vitoria pasan por manter o mesmo ritmo de xogo dos últimos partidos. “Temos que manter o nivel que estamos a ter agora mesmo. Estamos a xogar moi ben, moi concentrados e esa é a clave para que o noso xogo funcione. Gañar ao Bilbao Basket o domingo hai a semana máis alegre. Traballar con estes ánimos é moito máis fácil”, concluíu.











