Publícanse as bases para o concurso de comparsa do Entroido de Fisterra
Ante a próxima celebración do Entroiodo de Fisterra 2014, o “Entroido máis tradicional da Costa da Morte”, establécense tres premios para as comparsas que se presenten ao concurso que se vai celebrar o 4 de marzo na praza da Constitución de Fisterra (no caso de mal tempo trasladarase ao pavillón municipal) ás 18.00 h. conforme ás seguintes bases:
Primeiro premio: 1.500 euros
Segundo premio: 1.200 euros
Terceiro premio: 900 euros
Estes premios destinaranse aos cualificados por orde de maior puntuación. En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación á comparsa gañadora.
O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300 euros.
Os aspectos a puntuar son:
-Presentación (disfraces, maquillaxe…)
-Calidade artística (música, posta en escea, organización…)
-Contido das cancións ou letras
A puntuación será do 1 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente. O ditame do xurado será inapelable. Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado 1 de marzo. O tempo de actuación non sobrepasará os 30 min. No caso de que isto suceda, o xurado penalizará á comparsa que non cumpra as bases.
O número de participantes de cada comparsa será como mínimo de 20 persoas, sendo o representante da mesma maior idade.
O lugar de inscrición será nas oficinas do concello en horario de 8.30 h. a 14.30 h. antes do 24 de febreiro.
Bases do concurso infantil de disfraces
Por outra banda, o concurso infantil de disfraces terá lugar o domingo 2 de marzo na praza da Constitución de Fisterra. Establécense as seguintes bases:
-Categoría Individual
Primeiro premio: 30 euros + trofeo
Segundo premio: 25 euros + trofeo
-Categoría Parellas
Primeiro premio: 60 euros + trofeo
Segundo premio: 30 euros + trofeo
-Categoría Grupo
Primeiro premio: 90 euros + trofeo
Segundo premio: 50 euros + trofeo
Na categoría de grupos mínimo 3 persoas e máximo 20 dentro do cal se ten que realizar unha pequena actuación ben sexa un baile, unha canción, parodia…
Os motivos a puntuar nas tres categorías serán: disfraces, maquillaxe e orixinalidade.
O ditame do xurado será inapelable. A puntuación será do 1 ao 10, sendo o un a puntuación máis baixa e o dez a máis alta.
O lugar de inscrición será o domingo día 2 na praza da Constitución de 16.30 a 17.15 h. e no caso de mal tempo realizarase no pavillón municipal. Unha vez que comeza o concurso non poderá anotarse ningún neno máis para participar no mesmo. Os grupos que se presenten poden participar no desfile de comparsas o sábado día 1.