Protección Civil de Cangas atendeu 963 servizos en 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

 Esta mañán a Concelleira de Seguridade María Luisa Prieto e o responsable de Protección Civil de Cangas Cesáreo Coia reuníronse para facer balance das actuacións realizadas por Protección Civil ao longo do 2013.

Durante o pasado ano Protección Civil atendeu un total de 963 incidentes, o que su pon un incremento de 118 servizos se o comparamos coa cifra de 2012 que foi de 845. Cesáreo Coia quixo recalcar que a maior parte destas actuacións realizáronse na segunda metade do ano “ Durante os seis primeros meses o número de servizos foi o habitual, pero a segunda parte do ano foi de moito traballo, sobre todo o último trimeste” afirmou. Concretamente durante  primeiro semestre de 2013 realizáronse 468 intervencións, mentres que durante a segunda metade no ano rexístráronse 495 servizos 112 dos cales tiveron lugar no mes de decembro.

A maior parte das actuacións efectuadas ao longo do ano pasado corresponden a Operativos de protección civil (127),  prevención de riscos (113)  e intervencións en estrada (111). O responsable de Protección Civil fixo especial fincapé no incremento dos accidentes con feridos que pasaron dos 59 casos en 2012 aos 93  durante o pasado ano, aumentándo en 34 actuacións, das cales a maior parte tiveron lugar nos meses de agosto (14), xuño (11) e febreiro (10).  “Isto pon de manifesto que a crise tamén pasa factura á hora do mantemento dos vehículos, que se pasa máis por alto, e que repercute no número de accidentes de tráfico” declarou Coia.

En 2013 aumentaron tamén os accidentes laborais pasando de 2 en 2012 a 9 durante o pasado ano.  Segundo o responsable de Protección Civil o aumento máis salientable é o das intervencións en estrada  que pasaron das 64 intervencións en 2012 a  111 en 2013. Estas labores inclúen dentre traballos de retirada de árbores, derrubamentos, limpezas da estrada ou verquidos de gasóleo, que se rexistran maioritariamente nos meses de inverno.

Pola súa parte a Concelleira de Seguridade María Luísa Prieto quixo facer unha mención especial de agradecemento a todos os voluntarias de Protección Civil, que durante o ano pasado pasaron dos 41 aos 47, pola súa dedicación “ O traballo que se fai dende esta concellería, que ao fin e ao cabo repercute en todos os cidadáns, non sería posible sen os voluntarios e voluntarios que sempre están ahí. Ningún evento nin cultural, deportivo ou turístico podería ser posible sen a colaboración dos voluntarios tanto os de Protección Civil, coma os volutarios e voluntarias da Ofinica de Voluntariado” defende a Concelleira.

A responsable de seguridade tamén fixo fincapé nos diversos operativos especiais que se levaron a cabo o pasado ano.  Cando a penas faltan unhas semanas para que se celebre a festividade do entroido, Prieto fixo mención ao operativo especial levado a cabo en 2013 nestas festas “durante os dous últimos anos se reduciron notablemente os incidentes no entroido grazas ao dispositivo especial levado a cabo por Protección Civil coa colaboración da Policía Local de Cangas e a Garda Civil”.

O outro dos operativos especiais máis exitosos do 2013 foi o plan de seguridade levado a cabo durante as Festas de Darbo. “Foi algo novidoso, que nunca se fixera, e deu un bo resultdo” afirma a concelleira. Este operativo, no que colaboraron Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, permitiu evitar os incidentes sobre todo grazas ao vallado da zona do botellón, o servizo de limpeza a primeiras horas da mañán e á restricción de montar “chiringuitos” fora do recinto.

En 2013 por primeira vez se elaborou un plan de emerxencia, tal e como indica a normativa aprobada en 2012, para os fogos das Festas do Carmen de Aldán  con zonas especiais de seguridade e tamén coa colaboración da Policía Local e a Garda Civil.

Especial importancio tivo o plan se emerxencias ralizado durante as Festas do Cristo de Cangas no cal incluso se contou cun posto de mando avanzado “ algo que vamos intentar solicitar de novo este ano” declara Prieto.

Tamén dende a Concellería de Seguridade do Concello de Cangas se elaborou e enviou ao servizo de gardacostas o plan de loita contra a contaminación mariña (CANGAL) que por normativa deben ter todosos concellos do litoral para saber o protocolo a seguir en caso de que se produzan verquidos. 

“Todos estes resultados amosan que todos os plans levados a cabo dende a Concellería de Seguridade están funcionando, algo que non sería posible sen a colaboración e asesoramento de Protección Civl, a Policía Local, a Garda Civil  e os voluntarios e voluntarias” conclúe a Concelleira.

25 de xaneiro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.