publicidade hoxe

Protección Civil de Ares levou a cabo un total de 231 operativos durante o ano 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

A agrupación de voluntarios Protección Civil de Ares realizou durante o pasado ano 2013 un total de 231 operativos, catro máis que en 2012. Así o explicou esta mañá o concelleiro de Seguridade, o socialista Eugenio Fernández Lago, que deu conta dos datos aportados por dita agrupación coa que o Concello mantén unha estreita e destaca colaboración.

Pola súa especifidade, habería que facer unha mención especial aos operativos de recollida de animais mortos, feridos ao abandoados, con 40 intervencións no ano; os 26 en accidentes; os seis operativos en incendios, os catro realizados en anegamentos e un en verquidos. Completan o listado de actuacións os chamados operativos en xenérico, con 115 no ano, e as intervencións varias –as que non se enmarcan en ningún destes capítulos-, con 39 en 2012.

A este respecto, Fernández Lago destacou a colaboración que Protección Civil de Ares presta en todas e cada unha das iniciativas promovidas por este Concello e incluso dos municipios limítrofes, garantindo a seguridade en ditas actividades. Polo tanto, felicitou a todos os voluntarios e voluntarias polo traballo desenvolvido o pasado ano.

Hai que lembrar que este ano, ademais, Protección Civil estrenou local cedido polo Concello, na esquina da rúa María con Federico García Expósito, e foi obxecto –coincidindo coa inauguración desta sede- dunha homenaxe e recoñecemento polo seu traballo desinteresado por parte da administración local.

16 de xaneiro de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.