Programacion infantil no teatro Jofre coa obra “Osiño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este domingo, día 19 de xaneiro, unha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos que terá lugar no Teatro Jofre. A obra infantil “Osiño” dará comezo ás 18:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

A vida nun anaco de fraga transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Con Osiño e a súa nai pasaremos un inverno no que Osiño ten moi frío, pero ensinaranlle o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Durante a primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa nai, de pequena, coñeceu a un paporroibo. Polo verán, o pequeno Osiño nos levará a dar un longo e fantástico paseo nocturno para poder dar a súa nai un pedazo de queixo moi especial. E finalmente, xa no outono, celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario de nacemento.

15 de xaneiro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.