Programa de estimulación cognitiva para persoas maiores do Carballiño
O programa impartirase ao longo de tres meses cunha periodicidade dunha sesión semanal. Desenvolveránse en diferentes parroquias do Carballiño e serán impartidos por una psicopedagoga da área de Benestar Social.
Poderán beneficiarse deste programa tódolos maiores de 60 anos empadroados no Concello do Carballiño. As parroquias que participan son Seoane, Señorín, Mudelos, Mesego, Santa Uxía e a propia vila do Carballiño.
A súa finalidade é mellorar o rendemento cognitivo das personas maiores para tratar de frear o posible deterioro cognitivo provocado pola idade, e tamén teñen un compoñente social e relacional que na terceira idade ten gran importancia para evitar o aillamento e os problemas de soidade.











