Proendos, en Sober celebra as festas de San Amaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas festas na honra a San Amaro que esta fin de semana se celebran en Proendos. A celebración comeza o sábado cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober ás 11:00 horas. De seguido, a partir das 13.15 haberá misa con procesión.

Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, será a quenda do baile coa Orquestra Compostela.

O domingo ás 11 haberá de novo pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 13.15 horas celebrarase a procesión e haberá misa cantada polo dúo Marta e María.

A festa remata pola tarde coa actuación de Bandoneón.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta primeira celebración do 2014.

9 de xaneiro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.