Portosín acolle o XIII Trofeo Berberecho do 1 ao 3 de marzo
O REAL CLUB NÁUTICO PORTOSÍN e a Federación Galega de Vela, de acordo co Calendario da Secretaría Rexional da Clase, organizan a presente regata para a clase, que se celebrará na Ría de Muros-Noia os días 1, 2 e 3 de Marzo de 2014, segundo as seguintes estipulaciones xerais:
A regata rexerase por:
– Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2.013-2.016 (RRV)
– Prescricións da Real Federación Española de Vela
– Regulamento de Competicións da FGV
– Regras da Clase
– Instrucións de Regata
– Anuncio de Regata
En caso de discrepancia entre o presente Anuncio e as Instrucións de Regata, prevalecerán estas últimas.
CLASES QUE PARTICIPAN: Embarcacións da Clase Optimist











