Pónse en marcha a organización da 31ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Onte celebrouse a primeira xuntanza para a posta en marcha da Mostra de Teatro que se celebrará en Cangas do 28 de xuño ao 6 de xullo de de 2014.
Nesta primeira xuntanza o Sr. Concelleiro de Cultura, José Luis Gestido reuníuse con representantes da Comisión Técnica organizadora do evento.
A Mostra esta organizada pola A. C. Xiria, Teatro de Ningures e Concello de Cangas.
Nesta xuntanza o Concelleiro de Cultura informou da aportación económica municipal destiñada ao evento, similar a de anos anteriores. Na presente edición esperase seguir contando co respaldo do público, e intentarase chegar a novos publicos, para facilitar o acceso dos máis xovenes aplicarase descontos presentando o CARNÉ XOVE.











