Poio será escenario da representación “Aquí non paga ninguén”, a cargo de Fonte da Tella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

SCD Raxó, SCD Samieira, ACDeM Armadiña e Concellaría de Cultura do Concello de Poio organizan para o sábado 1 de febreiro de 2014, ás 21h, a representación  da obra “Aquí non paga ninguén”, na SAMIEIRA (Casa do Pobo de Río de Bois).

Grupo de Teatro FONTE DA TELLA

Descripción: Adaptación de S.A.Ledesma da obra de Darío Fo, premio Nobel de Literatura no ano 1997. Critíca aos poderes fácticos: Capital , Igrexa e Políticos; pero todo en clave de humor.

A primeira das representacións do ciclo de teatro PoioEscena 2014 terá lugar este sábado, 1 de febreiro, ás 21 h. na Casa do Pobo de Samieira. O grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior porá sobre o escenario a obra “Aquí non paga ninguén”, unha comedia con moita crítica social, adaptación da obra do dramaturgo italiano e premio nóbel de literatura Darío Fo. A obra céntrase nas dificultades de dúas amas de casa humildes, chegar a fin de mes. Cansas da situación, deciden rebelarse contra o sistema e atracar un supermercado. 

30 de xaneiro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.