Pasión Vega presenta no Jofre o espectáculo “Dos pianos con pasión (cartas desde Nueva York)”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Pasión Vega presentará o sábado 1 de febreiro no Teatro Jofre o seu novo espectáculo “Dos pianos con Pasión (Cartas desde Nueva York)”. O concerto dará comezo ás 20:30 horas e forma parte do ciclo “Son(S) do Jofre” da Concellería de Cultura, que dirixe Manuel Reyes García Hurtado. A día de hoxe, máis de 300 butacas xa están ocupadas polo que os interesados en asistir ao concerto poden adquirir as súas entradas no despacho do teatro municipal ou a través de internet, na páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Pasión Vega abrazou ritmos e estilos que van dende as baladas, o swing ou as habaneras aos boleros, os tangos flamencos, pasando polo pop, o fado, aires de jazz latino e de blues. Ritmos que conxuga en perfecta harmonía coa propia copla renovada que a deu a coñecer en traballos baseados no rigor e a busca da excelencia artística, que se engrandecen aínda máis na voz de Pasión Vega para chegar ata o máis íntimo da sensibilidade do oínte.

Acompañada polo Dúo Del Valle

A artista malagueña presenta agora o seu novo espectáculo “Dos pianos con Pasión (Cartas desde Nueva York)” que comparte cos pianistas malagueños Dúo Del Valle, os irmáns Víctor e Luís Del Valle. Un abrazo entre músicas clásicas e populares… entre o jazz, flamenco, o klezmer, o fado, o music hall, a copla… sen esquecer as influencias dos compositores clásicos.

29 de xaneiro de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.