Pasan ao xulgado os sete detidos no operativo antidroga na área de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
E.P.

As sete persoas detidas en varios puntos da área metropolitana de Vigo durante un operativo policial de loita contra a droga, entre eles dous gardas civís, pasaron este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 3 da cidade olívica, segundo confirmaron  fontes policiais.

Estas persoas foron arrestadas o xoves no marco dunha operación contra unha rede de tráfico de drogas despregada pola Udyco da Comisaría de Vigo e coa coordinación do Xulgado de Instrución número 3, do que é titular Marisol López.

Entre os detidos hai dous axentes da Garda Civil, que foron interceptados nunha gasolineira dos Valos, no municipio de Mos (Pontevedra). Ademais das detencións, tamén se produciron rexistros. A investigación está baixo segredo de sumario.

17 de xaneiro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.