Ourense entrega os premios aos gañadores do XVIII Concurso de Beléns Públicos
A concelleira de Cultura, Ana Garrido, fixo entrega esta mañá, dos premios do XVIII Concurso de Beléns Públicos, entregando, por unanimidade do xurado, o primeiro premio ao belén de María América Vázquez Barreiro, valorado en 450 euros.
O belén de María América está situado nunha dependencia dos baixos da súa casa – Luís Pimentel s/n, zona do 21 (Javier: 645 367 819) e foi elaborado pola familia, xuntando a ilusión propia do Nadal coa representación dos elementos fundamentais dun belén da nosa xeografía, con variados oficios, luz, auga e figuras con movemento. O segundo premio foi para o belén de José Luis Cofán (677 403 615), tamén nunha residencia particular, que ocupa o salón da casa e tamén recolle con esmero a representatividade propia dos nosos beléns.
O terceiro premio foi para a Asociación de Veciños e Veciñas de Barrocás que elaboraron, con moito esforzo e tempo, un belén completamente diferente, case unha pequena obra de arte.
A listaxe dos gañadores e a cuantía dos premios é a seguinte:
1º Premio (450 €) – María América Vázquez Barreiro
2º Premio (240 €) – Jose Luís Cofán
3º Premio (180 €) – Asociación de Veciños de Barrocás
Belén Infantil (120 €) – Deserto
Accésits (60 €)
1º.- Colexio Divino Maestro (Javier: 600 405 991)
2º.- Salón de Estética Mont Petit (Lola: 639 024 970)
3º.- Escola Infantil A Casiña (Ana: 988 236 825)
4º.- Panadería Ansuíña (988 213 406)
5º.- Residencia Nosa Señora da Esperanza da Farixa (María Gallego: 988 235 212)
6º.- Manuel Muñoz García (649 065 744)
Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense reiteran o agradecemento á colaboración da Asociación de Belenistas e de todos os colectivos e particulares que participaron no concurso, animando a visitar aos beléns participantes durante as próximas datas.











