Óscar Graña recibe o Teucro de Prata nos premios do Concello de Pontevedra

Óscar Graña na entrega dos premios pontevedreses
Óscar Graña recibiu o Teucro de Prata, distinción que lle considera como o mellor deportista de 2013 para o Concello de Pontevedra. O padeeiro do Kaiak Tudense foille concedido este galardón que lle foi entregado no solemne acto desenvolvido no Teatro Principal de Pontevedra.
Campión do mundo e de Europa a tempada pasada na especialidade de maratón C-2 xunto ao seu compañeiro Ramón Ferro, o pontevedrés posúe unha longa traxectoria deportiva. Foi tres veces campión do Mundo e outras dúas de Europa, ademais de posúe numerosos títulos a nivel nacional. Tamén lle foi concedida a medalla de bronce da Real Orde de Mérito Deportivo o pasado verán.
A distinción do Concello de Pontevedra é unha das máis prestixiosas e antigas que se outorgan na provincia. Posúe máis de 45 anos de historia. Ademais de Óscar Graña, na presente edición tamén foi galardoado o Conservatoria de Música da cidade. O padeeiro do Kaiak Tudense sucede a David Cal, que fora o premiado na edición de 2012.











