Óscar Graña manifesta o seu entusiasmo ao gañar o premio Cidade de Pontevedra

Óscar Graña
Óscar Graña (Pontevedra, 1976) manifestou que me sento valorado e recoñecido” tras ser galardoado co Premio Cidade de Pontevedra 2013 que concede o concello da cidade. O padeeiro engadiu que “é moi importante que se recoñeza o traballo e o esforzo realizado cun premio de tanto prestixio”. Reiterou que isto me anima a seguir adiante para tentar continuar entre os mellores”. Agradeceu ao Concello de Pontevedra “o ter en conta os méritos” e tamén “á Federación Galega de Piragüismo pola proposta que realizaron”. Óscar Graña é un dos deportistas galegos máis destacados por extenso palmarés.
O xurado, presidido por Anxos Riveira, concelleira de cultura, valorou os méritos deportivos de Óscar Graña, proposto para este galardón pola Federación Galega de Piragüismo. O deportista conquistou tres veces o Campionato do Mundo de Maratón, foi segundo en tres ocasiones e terceiro dúas veces. No seu palmarés tamén figuran dous títulos continentais nesta especialidade e tres segundos postos. Ademais, logrou varios trofeos a nivel nacional co Kaiak Tudense, club ao que pertence na actualidade.
Óscar Graña recibirá o seu galardón o vindeiro luns día vinte de xaneiro durante un pleno extraordinario que se celebrará en Pontevedra con motivo do día do patrón, dedicado a San Sebastián. Xunto ao padeeiro tamén foi recoñecido o Conservatorio de Música de Pontevedra.











