publicidade hoxe

Os xóvenes de Carral gozarán un ano máis da pista de xeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Con esta viaxe, xa clásico na programación deportiva municipal de Nadal, o Concello de Carral quere fomentar a práctica deportiva na poboación máis nova, vinculándoa como sempre aos ámbitos do lecer e da saúde. Poténciase tamén a patinaxe artística, unha das disciplinas deportivas que máis está a despuntar nos últimos anos no municipio que, xunto co judo e o fútbol basee, son os “buques insignia” do deporte carralés.         

O departamento de deportes disporá 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles gustase patinar. O prezo da viaxe é de 8 €, e inclúe o transporte con monitores, a entrada á pista de xeo dos Xardíns de Méndez Núñez e o aluguer dos patíns.

A excursión terá lugar o sábado 18 de xaneiro ao redor das 10.20 h, momento no que a expedición partirá cara a pista de xeo. Sobre as 11.00 comezará a xornada de patinaxe na que algúns dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns. Despois dunha hora de diversión, volverán a casa, esgotados pola intensa e divertida actividade.

Para todos aqueles interesados en acudir a esta viaxe ou desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao mail deportes@concellocarral.com.

13 de xaneiro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.