Os voluntarios de Protección Civil de Ferrol celebra unha xornada de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ferrol, celebrará o vindeiro sábado, día 11, a I Xornada de Portas Abertas 2014 para dar a coñecer o seu traballo e as nocións básicas de actuación ante unha situación de emerxencia. A xornada terá lugar na praza de Armas, en horario de 11 a 18 horas, e está aberta a todos os públicos, sendo os destinatarios principais o público infantil.

Este evento acollerá unha exposición de vehículos e material así como talleres de primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar (RCP) ou xogos e actividades centradas en emerxencias para nenos. Ademais, durante a xornada haberá exhibicións de busca canina que contará coa participación da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA) e un simulacro de rescate que terá lugar ás 17:30 horas.

9 de xaneiro de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.