Os veciños de Vila de Cruces visitarán “A Casa da Conexa”
O Concello de Vila de Cruces organiza unha viaxe para asistir de público á gravación do programa da Televisión de Galicia “A Casa da Conexa“.
Será o venres, 14 de febreiro de 2014.
A gravación será na discoteca LP45 de Ordes.
Existe un número limitado de prazas e é necesario ter, polo menos, 16 anos para poder acudir.
Para inscribirse ou obter máis información dirixirse ao concello ou chamar ao teléfono 986582017.











