Os traballadores do Concello de Ribadumia coñecen o sabor dos platos creados no obradoiro de hostalería da Lanzada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Alumnos e profesores convidaron os traballadores do concello de Ribadumia a degustar un menú elaborado e presentado por eles mesmos nas instalación do Obradoiro de hostalería de A Lanzada.

Así 36 membros do persoal municipal responderon a invitación o pasado venres. A chegada os participantes neta acción formativa ofreceron un petisco a todos os asistentes. Nel, os novos cociñeiros demostraron todo o aprendido en forma de deliciosos aperitivos dos que os asistentes deron boa conta.  Os estudantes tamén foron os encargados de elaborar a comida , «tres pratos e sobremesas exquisitos».

Dende o Concello queremos felicitar os participantes e responsables deste convite por un trato excepcional e unha comida inmellorable.

O centro de A Lanzada, que leva xa cinco anos formando a desempregados e conta cunhas elevadas cifras de inserción o dotar os participes de cualificación nun dos sectores con mais demanda de emprego, a hostalería e restauración.

27 de xaneiro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.