Os socialistas de Ordes solicitan 165.000 euros á Xunta para paliar os danos dos últimos temporais no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Os socialistas de Ordes solicitaranlle axudas á Xunta de Galicia por un importe de 165.000 euros para paliar os danos causados polos últimos temporais en Ordes, especialmente pola cicloxénese explosiva que tivo lugar o pasado Nadal. Unha proposta que o secretario xeral dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira, vén de remitir ao grupo parlamentario do PSOE, que será quen o presente no Parlamento galego cando outras reclamacións.

Xesús Pedreira explica que “demandamos a colaboración da Xunta para reparar pistas en Beán e Barbeiros especialmente danadas por estes temporais, así como para arranxar os tellados do colexio Castelao e do pavillón polideportivo do Campomaior, repoñer parte do muro caído no campo de fútbol de Vista Alegre e arranxar o local social de Nouche”. Uns danos que os socialistas de Ordes estiman en 165.00 euros.

Esta é a segunda acción dos socialistas de Ordes no que atinxe á cicloxénese explosiva que afectou o municipio o pasado 23 de decembro. A primeira xa é hoxe unha realidade pois, tal e como instaban os socialistas ordenses, o Concello de Ordes xestionará as reclamacións dos veciños e veciñas do municipio afectados polos cortes de subministro eléctrico durante a cicloxénese explosiva diante de Gas Natural-Unión Fenosa e da Consellería de Industria. Unha situación que afectou especialmente ás parroquias de Parada e Poulo, onde moitos veciños tiveron que pasar a Noiteboa sen luz.

15 de xaneiro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.