Os Servizos Sociais de Ribadumia poñen en marcha un curso de deshabituación tabáquica
Os Servizos Sociais do Concello de Ribadumia inician hoxe na Casa da Cultura de Ribadumia unha acción gratuíta para axudar aos seus veciños a deixar de fumar.
A Concellaría de Servizos Sociais da localidade en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), imparten este taller de deshabituación tabáquica, distribuído en 7 sesións de hora e media, pensado para deixar de fumar de xeito progresivo e definitivo. Consiste na redución gradual do Consumo de tabaco e aproximadamente a metade do curso deixase de fumar, coa posibilidade de combinar a asistencia o grupo coa toma de fármacos. A selección dos participantes realizouse por medio de entrevistas persoais os interesados para valorar o seu hábito tabáquico e a súa motivación. Feitas as entrevistas a mais de medio centenar de persoas seleccionáronse case unha ventea que comezará esta tarde o programa.
Dende o Concello de Ribadumia, a súa concelleira María Xosé Barreiro valoran moi positivamente esta iniciativa, xa que ademais dun beneficio para a saúde dos participantes e o seu entorno, reporta unha mellora da economía persoal nun momento no que é tan preciso optimizar os recursos dos fogares.











