Os Reis Magos visitarán Oleiros durante a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Os Reis Magos visitarán ao longo desta fin de semana as localidades de Perillo, Mera, Santa Cruz e Lorbé. En Perillo o próximo día 5 a partir das 17.30 horas participarán nunha festa que se celebrará na polideportiva desta localidade e na que haberá inchables, música e chocolatada. Pola súa banda, en Santa Cruz, as súas maxestades visitarán o día 4 a partir das 17 horas da tarde o Teatro Municipal das Torres. Logo de percorrer as rúas rúas do pobo, para rematarán ás 18 horas no Centro Cívico, onde se lle poderán entregar as cartas e tomar chocolate e roscón. En caso de que chova os reis visitarán directamente este último lugar. Pola súa parte, en Mera, os Reis chegarán o día 5 ás 18 horas ao porto, desde onde percorrerán as rúas da vila ata chegar a casa do pobo. Para rematar, tamén o día 5 ás 16.30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a casa do pobo de Lorbé, desde onde farán un percorrido pasando por Dexo e regresando novamente a casa do pobo.

2 de xaneiro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.