Os “peques” gozarán do espectáculo de maxia “Asombrosamente increible” e dos monicreques de “O Crebanoces” na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol segue coa súa programación dedicada aos máis pequenos durante estas datas de festividade do Nadal. Así, o Teatro Jofre acollerán maña, venres día 3, o espectáculo de maxia “Asombrosamente Increíble”, unha experiencia inesquecible da man do gran mago Luis Boyano e que está dirixida a toda a familia. Esta función dará comezo ás 20:00 horas e as entradas poden ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Luis Boyano, conta cun premio nacional e mundial de maxia gracias a recuperación dun xogo do século XIX: “a cabina dos espíritos”. Este será o xogo central sobre o que xirará este espectáculo didáctico onde os rapaces poden facerse unha idea do que é o mentalismo. Efectos de adiviñación, premonición, telepatía,… deixarán ao público coa dúbida e levaraos a pensar se o que ven é a través do poder da mente. A participación do público é a clave para o desenvolvemento do show.

Ademais, “O crebanoces” será representado este domingo día 5 ás 12:30 horas na capela do Centro Cultural Torrente Ballester. Este espectáculo de monicreques está inspirado no conto de Hoffman e emprega a música creada por Tchaikowsky. Os nenos e nenas a partir de 3 anos xunto coas súas familias poderán gozar desta actuación enmarcada dentro do programa “Pequeno Nadal” que organiza o Concello de Ferrol coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística e a Deputación Provincial da Coruña. 

2 de xaneiro de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.