Os investigadores confirman que a arma usada no dobre crime de Cervo foi un pau de madeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoSucesos
A-
A+
E.P.

Os investigadores confirmaron que foi un pau de madeira a arma empregada para matar a dúas mulleres de 72 e 45 anos, nai e filla respectivamente, achadas falecidas nos seus domicilios, vivendas contiguas situadas no municipio de Cervo (Lugo).

Así o confirmaron fontes da investigación, que sinalaron que unha das vítimas estaba boca abaixo nun charco de sangue no chan e a outra na cama na mesma posición.

Ademais, as mesmas fontes da investigación sinalaron que á muller achada boca abaixo na cama apreciábaselle un golpe na zona posterior da cabeza.

Sobre o mediodía deste martes foron achadas mortas dúas mulleres de 72 e 45 anos de idade, nai e filla, respectivamente, de nacionalidade española e veciñas do municipio lucense de Cervo.

O individuo buscado como presunto autor da morte da súa muller e a súa sogra no domicilio familiar é un home de 52 anos, de nacionalidade española e veciño da localidade. Non hai constancia de que a muller do presunto autor dos feitos presentase denuncias previas.

14 de xaneiro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.