Os impostos no Carballiño poderán pagarse nos caixeiros automáticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

Na actualidade a necesidade, por unha banda, de tratar rápida e mecanizadamente un importante número de transaccións económicas, e por outra, de realizar o servizo de caixa dunha forma máis próxima ao contribuínte, pensouse por parte do concello utilizar as entidades de crédito como colaboradoras na xestión recadatoria. Isto ofrece tamén uns beneficios aos propios contribuíntes, xa que disporán dun amplo número de caixeiros nos que efectuar os seus pagos; co que se favorecerá o ingreso voluntario, dado o incremento de puntos de atención, e ademais a tecnoloxía a disposición das entidades bancarias como os propios caixeiros automáticos, internet, banca telefónica, banca electrónica , etc. , onde poder realizar o pago en calquera momento do día,  sen necesidade de realizar desprazamentos e sen perder os dereitos e garantías dos obrigados polo pago.

Por todo iso, e para garantir o procedemento recadatorio e facilitar aos cidadáns as súas obrigacións coa facenda local, de forma xeral ingresarán o pago dos seus tributos e demais dereitos públicos nas contas abertas na entidade Novagalicia Banco SA, a partir do próximo 20 de xaneiro. Salvo aquellosingresos que deban realizarse no servizo de caixa.

Para iso a oficina de recadación emitirá as notificacións individuais das obrigacións tributarias a cada veciño, para que poidan facer os seus ingresos nas datas que se especifiquen nos documentos en calquera das oficinas de Novagalicia Banco SA. No caso de que non recibisen estas notificacións, deberán solicitarse na oficina de recadación, onde se lles entregará un duplicado do documento.

7 de xaneiro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.