Os gañadores de 1.500 euros na Campaña de Nadal do Morrazo reciben o seu premio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

Esta semana procedeuse á localización dos tres gañadores, neste caso gañadoras, dos agardados premios finais da Camapaña de Nadal, organizada como cada ano polas empresas do Morrazo asociadas a FECIMO. Tralo sorteo e o anuncio en prensa dos seus nomes, procedeuse á súa identificación e á entrega do cheque de 1.500€, que recolleron na propia tenda onde fixeron a compra, da man dos seus responsables.

Esta campaña estivo en vigor dende o día 9 de decembro, e no seu transcurso foron rexistradas preto de 60.000 participacións na páxina web www.compranomorrazo.com , por todos aqueles fieis do comercio local nestas datas festivas.

Como broche final, o sorteo da campaña realizouse o pasado domingo día 12 de xaneiro, no marco da IV Gala do Comercio do Morrazo conducida polo xenial actor Luis Zahera. Unha aplicación informática escolleu ao azar aos tres premiados/as con cheques compra de 1500 euros, un por cada localidade: Bueu, Cangas e Moaña.

Dende FECIMO damos a noraboa aos agraciados e ás tendas que repartiron o premio, que foron:

– Marta Maria Limens Pazos

– Mª Isabel Gómez Juncal

– Beatriz Parcero Garcia

Estas tres persoas terán como prazo ata o 12 de febreiro (un mes) para canxear os seus cheques nas empresas participantes da Campaña de Nadal, un total de 210 entre as tres localidades, sendo diversidade de sectores: moda, alimentación, hostalaría, saúde, construción, etc… Unha gran cantidade de empresas onde poden atopar o que precise.

Estes tres premios poñen fin á campaña que este ano levou por nome “Todo un clásico do Nadal no Morrazo”, pois a campaña leva realizadas 13 edicións e son premios con moita sona na nosa comarca. En total este ano repartíronse máis de 7.000€ entre os clientes, do seguinte xeito: 35 premios de 50€, 3 premios de 100€, 3 premios de 200€ e estes tres de 1.500€.

Esta campaña está incluida no Proxecto de Dinamización de FECIMO 2013 para accións de incentivación da demanda comercial da comarca do Morrazo que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-Comercia 2010-2013. Os premiados poden consultarse na páxina habilitada para a campaña: www.compranomorrazo.com na pestana “GAÑADORES” así como en www.fecimo.es, na páxina da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo.

17 de xaneiro de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.