Os fondos Leader financian parte do novo Centro de día terapéutico en Combarro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo, e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá as instalacións do novo Centro de día terapeutico, en Combarro, no concello de Poio, que recibiu 62.388,11 euros de subvención (o 39% do custe do proxecto) por parte dos fondos europeos Leader que xestiona o GDR Pontevedra-Morrazo.

Estivo acompañado do alcalde de Poio e do delegado da Xunta na área norte da provincia. Trátase dun centro de asistencia diurna e atención integral treapéutica na parroquia de Combarro para persoas maiores con perda da súa autonomía física e/ou psíquica que, residindo nos seus fogares, precisen diferentes necesidades de coidados e atención de carácter persoal, terapéutico e social.

O centro ten unha superficie de 302,76 metros cadrados distribuídos en despacho, sala de curas, salala de usos múltiples e espazo plurifuncional, sala de estar e ximnasio, zona de cociña e despensa, comedor, vestiarios, baños aspatados, así como recepción e almacén. Está pensado para atencer a unhas 40 persoas. O centro oferta servizos de mellora da vida cotiá dos usuarios como atención directa na exercitación de rutinas cotiás, atención sanitaria e social, área de intervención psico-terapéutica, área de fisioterapia, servizos complementarios (transporte, xestión farmcéutica, saídas acompañadas), unidade de mmoria, catering xerontolóxico…

22 de xaneiro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.