Os floristas coruñeses fórmanse nas tendencias de voda para este ano
Durante 3 días os profesionais do gremio das florarías terán a oportunidade de coñecer cales son as novidades para este ano en ramos de noiva, prendidos, tocados ou arranxos florais, e todo o relacionado coa celebración dunha voda. Será nun curso organizado pola Asociación de Floristas de Ourense e Provincia, e impartido por Juan Ramón Suárez Chamorro, quen explicará aos asistentes tanto as técnicas como a aprendizaxe das tendencias actuais no mundo das celebracións. As sesións, teóricas e prácticas, discorrerán en horario de mañá e tarde no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
Juan Ramón Suárez Chamorro
Este mestre florista é fundador da prestixiosa Academia Floral Alnorte, na que tamén é profesor e coa que gañou numerosos premios e copas deste gremio. Entre os galardóns que Suárez Chamorro logrou, cabe destacar as Medallas de Ouro I Copa Arte Floral Castela León, VIII Copa Arte Floral ‘Semana Verde’ e Copa de Asturias de Arte Floral. Interflora outorgoulle tamén distintas copas, como campión de España de Arte Floral Copa Interflora, ou o primeiro posto en Ramos de Noiva da Copa do Mundo Interflora.
Actividade: Curso Tendencias en Noivas 2014
Datas: 19, 20 e 21 de xaneiro de 2014
Horario: mañá: 9 a 14 – tarde: 15:30 a 20
Lugar: Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás
Camiño do Pontón, 25 – 32890 Barbadás – Ourense











