publicidade hoxe

Os comerciantes de Cambados presentan a campaña do Día dos Namorados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da campaña

Presentación da campaña

No día de hoxe a asociación Cambados Zona Centro realizou a presentación da Campaña do dia dos namorados. O acto estivo presidido pola directiva da Asociación Cambados Zona Centro dona María Piñeiro, e polo Teniente alcalde do Concello de Cambados Antonio Pombo.

Á presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas de cara a celebración do Dia dos Namorados, mediante o sorteo de:

– Conxunto de pulseira e sortella de prata LOTUS (doado por Xoiería David).

– Parella de reloxos para cabaleiro e dona MARK MADDOX (doado por Xoiería Fariña).

– Conxunto de prata de gargantilla e pendentes a xogo, (doado por Xoiería Villar).

– Reloxo de cabaleiro VICEROY (doado por Xoiería Enrique).

Estes premios estarán expostos durante a campaña en cada un dos establecementos colaboradores.

Para participar, no sorteo, os clientes dos nosos establecementos asociados, tan só terán que cubrir, co seu nome e teléfono de contacto, un boleto de participación que lle será entregado ó realizar as súas compras ata o 14 de febreiro, día de San Valentín.

O sorteo realizaráse o venres 21  de febreiro no salón de plenos do concello.

31 de xaneiro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.