publicidade hoxe

Os Bolechas elixen Trives para prolongar as súas aventuras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

A Pobra de Trives convértese no escenario elixido polo ilustrador e autor de contos infantís, Pepe Carreiro, para dar continuidade as aventuras dos Bolechas. Neste caso a banda de rapaces máis coñecidos polos nenos e nenas galegas chegan ao Macizo Central onde protagonizarán múltiples aventuras nos espazos máis senlleiros da comarca.

Os cativos de Carreiro comezan a súa andaina na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda e percorrerán distintos espazos da vila como o pazo da Marquesa, a praza do Pilón ou mesmo quedarán abraiados coa ponte Bibei.

O libro conta con ilustracións e textos de fácil lectura. Ademais ao final garda espazo para que os cativos e cativas coloreen e interactúen cos Bolechas. O Concello da Pobra de Trives colabora na iniciativa literaria e artística de Pepe Carreiro para dar a coñecer ao resto do país os recursos turísticos da vila. Desta volta o alcalde, Francisco José Fernández, considera que “é unha iniciativa necesaria que ten como destinatario aos nenos e nenas e que serve para que Trives se convirta nun reclamo en diferentes tipos de público”.

Presentación: Os Bolechas na Pobra de Trives a cargo do autor, Pepe Carreiro e o alcalde, Francisco José Fernández.

Data: venres 3 de xaneiro ás 16.30 h.

Lugar: Casa da Cultura da Pobra de Trives

2 de xaneiro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.