Os artesáns do Baixo Miño daranse cita na II feira “Namorarte 2014” en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTomiño
A-
A+

A Asociación de Artesáns da Comarca do Baixo Miño ARCO, organiza os días 7, 8 e 9 de febreiro, no Campo da Feira, de Tomiño, a II Feira de Artesanía Namorarte, coa colaboración do Concello de Tomiño. Coma na primeira edición, o evento celebrarase a fin de semana anterior a San Valentín,  agardando repetir o éxito de público e vendas obtido na pasada edición.

A partir do venres 7 de febreiro ás 16.00 horas, instalaranse diferentes postos de exposición e venda de artesanía no Campo da Feira, que permanecerán abertos en horario de 10.00 a 20.00 horas.

Haberá tamén, coma na primeira edición, cantinas con produtos gastronómicos e mostra de traballo artesanal en vivo.

Os máis pequenos da casa poderán gozar con talleres infantís tanto na xornada do sábado coma na do domingo, con ambientación musical, treboadas e varios obradoiros e xogos inchables.

ARCO é unha asociación sen fins de lucro formada recentemente para dar a coñecer o traballo artesanal e potenciar a figura do artesán na comarca do Baixo Miño.

Para máis información, chamar ao 638 68 07 70, escribir a artesanosbaixominho@gmail.com ou consultar facebook.com/arcobaixominho.

21 de xaneiro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.