Os alumnos do obradoiro de emprego de xardinería acondicionan a zona verde da finca de Carús
Os alumnos do módulo de xardinería do Obradoiro de Emprego Vista Alegre II están xa realizando prácticas en zonas verdes municipais. A semana pasada comezaron a traballar na finca da Casa dos Carús, onde está previsto cambiar a imaxe desta zona de esparexemento de Trabanca Badiña substituíndo parterres de arbustos por prados. Os traballos realízanse baixo a dirección do departamento de Xardíns do Concello.
A remodelación desta zona verde ten varios obxectivos prácticos. Os primeiros, adecuar os xardíns da Casa de Carús ás demandas da veciñanza da zona e tamén buscar unha solución óptima de cara ao mantemento da mesma por parte dos operarios municipais. E o segundo, permitir que os alumnos do Obraodiro de Emprego se familiaricen co uso da maquinaria e las técnicas de xardinería mediante a realización dos traballos sobre o terreo.
O acondicionamento dos xardíns de Carús consisten na retirada dos arbustos que medraban nos parterres chegando a alcanzar alturas bastante elevadas e que precisaban de labores constantes de corta e desbrozado dos fentos que saíuan entre eles. Os arbustos retirados utilizaranse para afianzar e cubrir de verde os taludes do aparcamento da piscina municipal, o do estacionamento das casa de Renfe, na avenida Rosalía de Castro, e noutras zonas semellantes nas que estas prantas poden servir para crear pantallas veredes e reter as terras coas súas raíces.
Realizados estres traballos, os alumnos da escola Obradoiro puxéronse a traballar con desbrozadoras de brazo para retirar herbas e co motocultor para remover a terra dos parterres. O movemento de terras farase en varias fases para que o solo se osixene axeitadamente e se atope en condicións para a posterior plantación de herba. Estes últimos traballos para a formación de pradeiras xa os realizará o persoal municipal de Xardíns que tamén se encargará da instalación dos sistema de rego.
O acondicionamento da zona verde de Trabanca Badiña concluirá coa plantación de árbores próximos aos bancos, de xeito que lle dean sombra durante as tardes de verán. De feito esta unha das principais demandas dos veciños da zona que se queixaban de que non podían gozar deste xardín en verán, debido a que non existía ningunha zona de sombra para o refresco.
Por iso, que non precise un mantemento tan constante.
As prácticas dos alumnos de xardinería do Obradoiro de Emprego proseguirán nas seguintes semanas nas que está previsto que realicen traballos de mellora e mantemento en outros parques e xardíns do municipio como A Xunqueira, A Coca, O Castriño ou Dona Concha, todos eles baixo a dirección dos departamentos municipais de Xardíns ou medio Ambiente, segundo corresponda.











