Os alcaldes reuniranse cos dirixentes da FEGAMP para acadar solucións ó conflito de SOGAMA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Unha comisión de alcaldes galegos que representa ó movemento municipalista contra a suba do canon de SOGAMA, reunirase cos dirixentes da FEGAMP na procura dunha solución ó problema que enfronta á Xunta de Galicia e a case un cento de concellos galegos.

A reunión celebrarase na Sede da Federación Galega de Municipios e Provincias ás 12:00 horas do día 11 de febreiro, e na mesma participarán o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, e os voceiros desta asociación de concellos, Alfredo García Rodríguez e Francisco García Suárez, alcaldes de O Barco de Valdeorras e Allariz, respectivamente.

A comisión de alcaldes pretende lograr un achegamento de posturas e a solución do problema orixinado pola Xunta de Galicia coa súa decisión unilateral de incrementar o canon de SOGAMA nun 33,5 %.

Os representantes de boa parte do municipalismo galego reuniranse cos máximos responsables da FEGAMP despois de que o presidente da Xunta manifestase que a canle axeitada para abordar este problema era a Federación Galega de Municipios e Provincias.

30 de xaneiro de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.